Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecer un servizo mellor. Se continúa a navegar consideramos que acepta a súa utilización. Atopará máis información no aviso legal desta páxina sobre Política de Cookies.
O Mercado da Colleita é unha iniciativa de Corporación Hijos de Rivera, Gadis e máis R, coa finalidade de impulsar a competitividade de Galicia a través do desenvolvemento socioeconómico do medio rural. Baixo os principios de innovación, calidade e sustentabilidade, o Mercado da Colleita propón unha serie de accións conxuntas que pretenden actuar como panca de desenvolvemento na xeración de riqueza no entorno rural galego así como poñer en valor “o noso”
Promoción de actividades colaborativas como punto de encontro de todos aqueles que teñan como obxectivo a posta en valor do noso, o próximo mais cun valor engadido e diferencial.
Divulgación de propostas innovadoras que sexan panca do desenvolvemento socioeconómico do medior rural en Galicia a través da xeración de riqueza e valor.
Impulso no desenvolvemento de ferramentas que permitan promover iniciativas innovadoras de alto potencial para o sector.
O Mercado da Colleita trata de mostrar a realidade dun rural galego moderno, competitivo e sustentable. Desenvolve diferentes proxectos que pretenden contribuir á dinamización e posta en valor do medio rural galego como medio de vida.






Plataforma de iniciativas innovadoras que comparten a filosofía do Mercado da Colleita en favor do desenvolvemento socioeconómico do medio rural galego.
O Mercado da Colleita é unha plataforma participativa e aberta para todas aquelas iniciativas que actúen como panca de cambio e de xeneración dun valor diferencial para o rural. Sempre en torno a un principio fundamental como a calidade, que consolida o posicionamiento no mercado dos productos do rural galego. Un rural que procura a súa sustentabilidade potenciando alternativas económicas e sociais que garantan a xeneración de riqueza no marco do respecto ambiental ao entorno.
Se compartes os nosos obxectivos e desenvolves alguna iniciativa acorde cos nosos principios, únete e participa deste proxecto.
Que consolida o posicionamiento no mercado dos productos do rural
Que servan como panca de cambio e xeren valor
Propostas vencelladas ao entorno rural galego
Alternativas económicas e sociais que garantan a xeración de riqueza, respectando o medio
Participar da Comunidade do Mercado da Colleita supón principalmente a manifestación e implicación cun modelo competitivo e sustentable para o rural galego. Ademáis como proxecto de Responsabilidade Social buscanse unha serie de beneficios para a sociedade alineados cos principios dun rural competitivo e sustentable como elemento estratéxico para o desenvolvemento de Galicia.