Marta Álvarez

Granxa Maruxa

O concepto tradicional de “parladoiro” -reunión de dúas ou máis persoas para conversar- servenos para crear un evento no que divulgar iniciativas do ámbito rural que paga a pena compartir.

Trátase dunha xornada na que unha serie de “emprendedores do rural” comparten as súas experiencias de éxito ou as súas vivencias persoais cun público heteroxéneo, interesado en coñecer de primeira man proxectos innovadores ou experiencias de superación que apostan pola sustentabilidade do rural galego e a xeración de riqueza nese entorno

A primeira destas citas tivo lugar o 3 de setembro de 2013 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.