I+D+i

Recuperación do cultivo do lúpulo na zona de Betanzos, investigación de variedades autóctonas de uva na Ribeira Sacra, estudo da plantación de cebada cervexeira en Galicia... Éstos son algúns dos proxectos de investigación que se están a desenvolver no rural galego co obxectivo de contribuír ao seu desenvolvemento sustentable e ofrecer oportunidades no ámbito.

O proxecto de recuperación do cultivo do lúpulo en Galicia iniciouse no ano 2004 a través dun acordo de colaboración entre o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e Hijos de Rivera, que naquel momento quería elaborar unha cervexa especial no ano do seu Centenario (2006) con lúpulo galego en homenaxe ás plantacións que se desenvolveron na zona de Betanzos a principios do século XX impulsadas polo fundador da compañía.

Nove anos máis tarde, variedades como Columbus o Nugget, son unha realidade novamente en Galicia e unha cooperativa como Lutega aglutina a unha serie de agricultores que decidiron plantar lúpulo. O CIAM, pola súa parte, segue a desarrollar investigacións de novas variedades de calidade para a elaboración de cervexa.

Pola súa parte, a Ribeira Sacra é o escenario dun proxecto de investigación e recuperación de variedades autóctonas de uva a través da adega Ponte da Boga. Variedades tradicionais desaparecidas como o Merenzao ou o Brancellao volven formar parte do proceso produtivo dos viños da zona grazas ao esforzo daqueles que decidiron botar a ollada cara atrás, á historio.

A recuperación do cultivo da cebada cervexeira é outro dos proxectos que se está comenzando a desenvolver coa colaboración de agricultores en varias zonas de Galicia.