A historia que levou a Elena Ferro ata onde está ten a súa orixe hai máis de 100 anos, cando o seu avó comezou a facer zocos artesanais. Por entón eran o calzado por excelencia en Galicia, tan extendido como infravalorado polos seus propios usuarios que o identificaban coa pobreza. Elena di que ela nunca tivo que decidir ser zoqueira. Simplemente é o que aprendeu desde nena. Devolverlle a dignidade ós zocos galegos é a tarefa que ocupou máis tempo na súa vida e agora, por fin, a recompensa faise patente no éxito de Eferro, a súa marca de zocos que segue a elaborar artesanalmente desde Vila de Cruces.
Os Parladoiros do Mercado da Colleita, son un evento no que divulgar iniciativas do ámbito rural que merecen ser coñecidas. Esta terceira edición de Parladoiros tivo lugar no Teatro Rosalía de Castro en A Coruña o 13 de marzo do 2015.