Boimorto 2012

O Mercado da Colleita achegouse a Boimorto o 22 e 23 de setembro do 2012 como un escaparate para dar a coñecer propostas innovadoras que fomentan o desenvolvemento socioeconómico do medio rural. Proxectos ligados á gastronomía, ao medio ambiente, á tecnloxía ou á artesanía tiveron cabida neste encontro que durante dúas xornadas pretendía divulgar ideas que apostan polo futuro do agro galego.

As empresas impulsoras expuxeron os seus proxectos enfocados a potenciar a sustentabilidade do rural. É o caso de Corporación Hijos de Rivera que divulgou mp marco do Mercado da Colleita as súas actividades en Galicia vencelladas a cultivos como o lúpulo, a mazá ou a uva. Ou de Gadis, que mostróu produtos frescos e de calidade con orixe na horta galega que distribúe na súa rede de establecementos e ofertou a oportunidade de se dar a coñecer a novos proveedores. Á súa vez, R mostrou propostas tecnolóxicas no ámbito da comunicación.

Proxectos de desenvolvemento no rural galego

Foron moitos proxectos innovadores vencellados ao rural galego que tiveron a oportunidade de mostrar as súas apostas. Entre eles, nomes como Olei, que combinou actividades divulgativas para nenos con catas dos seus aceites. María Estévez, Directora Xeral de Olei Aceite Gallego, sinalaba que "dende Olei queremos poñer en valor todo o que podemos ofrecer dende a nosa terra, e a nosa aposta é o compromiso co rural dende a recuperación da tradición, achegando a novidade tecnolóxica, dende a innovación. O noso traballo xurdiu dende a terra, a terra galega, e a ela volvemos de novo como camiño de aprendizaxe e aproveitamento de riqueza". Tampouco quixo faltar neste encontro Facenda o Agro, unha facenda de gando vacún de raza Salers criado en réxime extensivo e alimentado só con forraxe e cereais, ao modo tradicional. As súas "galeguesas" buscan ser un produto único, san e exquisito baseado nun modelo sostible que pon en valor o territorio.

Baixo a denominación "Terras de Melide e A Ulloa" un conxunto de proxectos agroalimentarios de calidade deron a coñecer as súas propostas no Mercado da Colleita. Marta Álvarez, responsable de Granxa Maruxa comentaba que "se algo caracteriza as mulleres do rural é a súa solidariedade e cooperación para alcanzar as metas que parecen imposibles. A unión fai a forza, e a forza do campo e das mulleres que o traballan é suficiente para mellorar un ámbito demasiado explotado, conseguindo que a terra volva ao seu a través dunha agricultura e gandaría ecolóxica que mellora os rendementos e garante unha alimentación segura".En palabras de Pilar Costoya, socia de Serra do Castro, de embutidos tradicionais: "somos conscientes da preocupación que existe pola comida. Este tipo de actividades fomenta o coñecemento de pequenas empresas mentalizadas nunha produción alimentaria máis sa, máis responsable, segura e innovadora".Respecto ao Mercado da Colleita, Anxos Ortigueira, socia cooperativista de Milhulloa afirmaba que "toda iniciativa que fomente a participación de xente nun ámbito rural é positivo para a súa potenciación". E Minia Varela, titular de Queixeria Varela comentaba que "representa un xeito inmellorable de dar a coñecer o que facemos no noso ámbito e directamente ao consumidor final, sen intermediarios, posibilitando un maior valor engadido"

Música de primeiro nivel

A cultura e a música tamén ocuparon unha parte importante no Mercado a través de concertos acústicos no escenario SON Estrella Galicia, situado no centro do propio Mercado, e polo que pasaron Soledad Vélez, Lorena Álvarez e a súa Banda Municipal, Alondra Bentley, Davile Matellán, El Viejo Caracol, Anni B Sweet, Boat Beam, Jane Joyd, Stereotipos y Rubén Moinelo.